domingo, 6 de junio de 2010

PPsoe



Que pasou co regueiro?

Unha promesa electoral que se difundeu no DVD do PSOE. Nada mais gañar as eleccións pensouse que sería un dos primeiros cambios gracias a maioria absoluta. Anteriormente quixerase arreglar pero o proxecto foi votado en contra pola oposición. Entón agora que non hai ninguén que se opoña porque non se fai?

Queda un ano para as novas eleccións. E o regueiro sen arreglar como pode ser praza do pobo? En ese estado? A o meu parecer é unha peza clave para atraer o turismo cara o centro e que non se quede tan só no bao.

Non quero facer con esta entrada un ataque hacia o partido, levo as de perder. O psoe gañou sempre e gañará sempre na illa se non recordo mal porque é o "partido do pobo" como din eles mesmos.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

En primeiro lugar darche os parabéns polo blog. Esperemos que se vaia enchendo de contido. Xa entrando en materia, un par de precisións. Non recordo eu que o goberno municipal presentase un proxecto de remodelación da praza do regueiro e a oposición lle votase en contra. No que si non houbo acordo foi no da praia, pero iso é outro tema. Outro asunto, no tocante aos resultados electorais, aquí che van os das municipais do 99.

PARTIDO POPULAR 1.411
PSG-PSOE 1.267
BNG 469
EU-IU 122

Senhor Olvidado dijo...

Moitas gracias polo aporte. espero que este tipo de detalles me fagan concienciarme da importancia da documentación.
recoñezo que non tiña idea de que gañara o pp na illa.
moitas veces criticamos os medios de non contrastar feitos, e temos que practicar co exemplo.

sito vazquez dijo...

Benvido a praza púbrica dos blogueiros.Vexo no título toda a ironía que levas dentro, ¡dalle renda solta!. Será un pracer seguirte. Un saúdo de convalescemte.

Anónimo dijo...

Nunha entrevista realizada poucos dias despois da consecuión da maioria absoluta en Telesalnes, o señor Alcalde dixo que o obxectivo que se enumeraban nese Dvd eran ambiciosos, pero que eran o obxectivo nestes catro anos. Vivendas de protección oficial, a porta da Illa, ou o que eso fora, o pabillon municipal, a remodelación do regueiro, do paseo maritimo do xufre, parques varios, e xa non sei cantas cousas. Eu cando o vin doume a risa, pero hai que rocoñecer que a xente entroulle polo ollos porque xa vimos os resultados electorias. Oxala os votantes evaluemos como cando eramos pequenos no colexio, NM, ou mellor dito mintannos menos. Un saudo, e noraboa polo novo blog.

Anónimo dijo...

Si esperas que fagan algo pola Isla, ou mellor dito, por nos os Isleños, levala clara. O que non fixeron en 10 anos van a facelo en 1 ou 4. eso si o parque das laxes, joder que ven o coidan.

Anónimo dijo...

Hai unha cousa que se chama críse... a ver se ías facer ti algo sin cartos...

Anónimo dijo...

Si oin, internacional, financiera, para que estavamos mellor preparados que ninguen. Pois a pesar da crise, a min veñenme os recibos do IBI subidos de maneira abusiva. Pero eses cartos non son para dar mellores servizos os veciños, senon para encher o axuntamento de mais enchufados. Eso si se fai con cartos. Venderonnos unha moto e ainda hai alguns seguides enriba dela. Coidado co tortazo.

Anónimo dijo...

Si calaras a boquiña... iba a facer moitas cousas o PP si ghanara, quería velo eu...

Anónimo dijo...

Porque teño que calar, por dicir o que penso. Que mentira dixen. Ante a exposición de argumentos meus, a imposición da lei do silencio tua. Aqui xa nos quedamos retratados o un e o outro. Eu critiquin, o engaño deliberado e intencionado da propaganda socialista nas ultimas eleccións municipais. Estou no meu dereito, ainda que non che guste e o que hai,