lunes, 14 de junio de 2010

Islandia movese e investiga os banqueiros e os bancos








Ano e medio en crise e os xuices de Islandia fai o seu deber: Investigar os bancos. Por fin un país que xulga as persoas que provocaron a chamada "desaceleración económica" no 2008.

Culpados por prestamos inapropiados e apropiación fraudulenta (mais de 2.000).
Link periódico dixital

Ata agora ningún país xulgara a un banqueiro pola situación actual, despedíanse os banqueiros coas súas correspondentes indemnizacións (ata 100 millóns de indemnización). Fai pouco o goberno propuxo reducir o coste por despido, e porque non propon abaratar o despido dos banqueiros? Escoitouse no seu momento que Obama estaba estudiando a forma de que non cobraran tanto.....pero bueno, escoitouse.

Aquí en vez de deixar eses cartos nos bancos para os seus donos lexítimos dánselle (literalmente) a os directores como indemnización, inxéctanselle mais cartos as caixas para ter para os que os gardaron alí con anterioridade (na súa gran maioría clase media). Agora a causa desta inxección necesitase recortar gastos, e por onde? pois por abaixo, pensións (din que non se recorta, senón que se conxela) e funcionarios (funcionarios indiscriminadamente e non son todos iguais).

E eu plantexo unha pregunta:

Que pasa cos soldos dos políticos? suben? baixan? conxélanse?


Non queria que me quedara unha crítica directa cara o psoe porque para min político=mentireiro e canto mais diñeiro teña peor, pois o diñeiro pode corromper con facilidade.

E con respecto as grandes potencias e os bancos:

Eles o provocaron eles o pagan!

No hay comentarios: